Amplíase o prazo para as medidas extraordinarias preparatorias para a socialización dos galeuros
Debido a problemas de saúde do administrador dos galeuros, non se puideron aplicar os prazos anunciados para as medidas extraordinarias mencionadas hai unhas semanas. Por este motivo, a Xunta Directiva de Fillos de Galicia está a votar unha ampliación do prazo. En breve anunciaremos aquí cal será a nova data límite para as operacións descritas.


Lamentablemente, por despiste, non demos avisado aquí a tempo do prazo inicialmente ampliado pola Xunta Directiva, que era o día 20 de decembro (mañá). Loxicamente non podemos aplicar ese prazo comunicándoo só cun día de antelación, así que queda novamente aprazado: a nova data límite para a aplicación das medidas devanditas será o día 31 de decembro.
Pingback: Nova prórroga para as medidas extraordinarias preparatorias da socialización - O blog dos Galeuros