A asemblea extraordinaria da A.C.Fillos de Galicia aproba o inicio da ‘socialización’ do Galeuro
A Asemblea Extraordinaria convocada a tal efecto entre os socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia, entidade creadora e ata o de agora responsable única da moeda complementaria galeuro, vén de aprobar o comezo do definitivo proceso de socialización da moeda.
O primeiro paso dentro deste proceso será a redución do límite de emisión que esta entidade ten, ata o de agora situado nos 10.000 galeuros, para o igualar ao que outras entidades teñen: 2.000 galeuros.
Para esta redución, Fillos de Galicia fai un chamamento a todos os posuidores de galeuros para que ates de finalizar o mes de novembro contribúan á desemisión do diferencial existente con ese límite. Calquera posuidor/a de galeuros pode contribuír a este axuste, das seguintes maneiras (por orde de preferencia para Fillos):
- Usando os seus galeuros (que teñan actualmente en saldo ou novos que poidan emitir se teñen esa capacidade) para:
- Facer unha doazón a Fillos.
- Contratar a Fillos / RedeGalega hostings e/ou nomes de dominios.
- Adquirir parcelas en Parcelaria.com.
- Contratar publicidade a Fillos de Galicia.
- Comprar dominios que Fillos ten á venda (
serán publicados): como investimento p.ex. para a súa explotación
proximamente
publicitaria, revenda ou proxectos propios. - Comprar produtos na tenda online de Fillos de Galicia (preferiblemente de produtos en stock: bandeiras da NMG, Antoloxías Poéticas, etc.).
- Contratación de servizos de desarrollo web a RedeGalega.
- Pagar cotas de socio/a (tamén se aceptan renovacións adiantadas).
- Agasallar cotas para que outros amigos se fagan socios (só tes que indicar o seu nome de membro).
- Solicitando a conversión a euros, á taxa estabelecida do 90% (se dispoñen dese dereito).

