O blog dos galeuros

A moeda galega que fai comunidade

A asemblea extraordinaria da A.C.Fillos de Galicia aproba o inicio da ‘socialización’ do Galeuro

A Asemblea Extraordinaria convocada a tal efecto entre os socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia, entidade creadora e ata o de agora responsable única da moeda complementaria galeuro, vén de aprobar o comezo do definitivo proceso de socialización da moeda.

O primeiro paso dentro deste proceso será a redución do límite de emisión que esta entidade ten, ata o de agora situado nos 10.000 galeuros, para o igualar ao que outras entidades teñen: 2.000 galeuros.

Para esta redución, Fillos de Galicia fai un chamamento a todos os posuidores de galeuros para que ates de finalizar o mes de novembro contribúan á desemisión do diferencial existente con ese límite. Calquera posuidor/a de galeuros pode contribuír a este axuste, das seguintes maneiras (por orde de preferencia para Fillos):

  1. Usando os seus galeuros (que teñan actualmente en saldo ou novos que poidan emitir se teñen esa capacidade) para:
  2. Solicitando a conversión a euros, á taxa estabelecida do 90% (se dispoñen dese dereito).
Advertisements

Single Post Navigation

5 reflexións sobre “A asemblea extraordinaria da A.C.Fillos de Galicia aproba o inicio da ‘socialización’ do Galeuro

  1. Procedemos a enviar unha mensaxe de aviso comunicando este proceso a todos os socios da A.C. Fillos de Galicia así como a todos os posuidores de galeuros.

  2. Hoxe rematamos de enviar mensaxes de correo-e de aviso a todas aquelas persoas que tiñan no seu saldo cantidades iguais ou superiores a 1 galeuro: en total 95 persoas.

  3. Pingback: Aviso: as persoas que perdan o acceso ao seu email perderán os seus galeuros - O blog dos Galeuros

  4. Pingback: Amplíase o prazo para as medidas extraordinarias preparatorias para a socialización dos galeuros - O blog dos Galeuros

  5. Pingback: Rematan con éxito as medidas preparatorias para a socialización - O blog dos Galeuros

Deixa o teu comentario, se che peta. Grazas.

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: