O blog dos galeuros

A moeda galega que fai comunidade

Aviso: as persoas que perdan o acceso ao seu email perderán os seus galeuros

Coa autorización da Xunta Directiva da Asociación Cultural Fillos de Galicia (que mentres non culmine o proceso de socialización dos galeuros emprendido recentemente é a responsable de definir o funcionamento da moeda), vimos de poñer en vigor unha nova norma para resolver as situacións das persoas ou entidades que deixan de dispoñer de acceso ás contas de correo asociadas aos seus galeuros.

Como xa sabedes, a identificación única que dá acceso ás contas dos galeuros é o correo electrónico asociada á conta que o/a posuidor/a ten en http://www.galeuros.com/tenda

Tendo acceso a ese email pódense gastar ou trasferir os galeuros, ben sexa por medio da propia tenda ou simplemente enviando unha mensaxe aos administradores. Isto ten como consecuencia que se ese e-mail deixa de estar accesible, pérdese toda posibilidade de acceder a eses galeuros, e polo tanto a conta queda inutilizada. Para que isto non desvirtúe as contas xerais do sistema, a Xunta Directiva aprobou por suxestión do Comité Rector a medida que ao respecto se vén de engadir no wiki: eses galeuros serán desemitidos.

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “Aviso: as persoas que perdan o acceso ao seu email perderán os seus galeuros

  1. A detección deste problema veu sobre todo a raíz do envío a todos os posuidores dun comunicado para os informar dos mecanismos postos en marcha de cara á socialización da moeda.

Deixa o teu comentario, se che peta. Grazas.