O blog dos galeuros

A moeda galega que fai comunidade

Trasladamos o blog dos galeuros a WordPress.com

Cansos de esperar que Blogaliza realizase a importación do blog dos galeuros dentro do seu sistema, solicitada por primeira vez o 15/09/2010 dentro do acordo marco entre Fillos de Galicia e Blogaliza, e reiterada en diversas ocasións desde entón, a Xunta Directiva da nosa asociación decideu non demorar máis a recuperación deste blog e trasladalo a WordPress.com onde o usuario si que pode realizar por si mesmo a importación de blogs, ao contrario que no sistema Blogaliza.

A partir de agora será esta ubicación do blog que dea conta da actualidade da nosa moeda. Lamentamos que este tempo de desaparición da Rede teña perxudicado o posicionamento acadado durante a etapa anterior nos buscadores e que a xente que procurase información durante este tempo non puidese acceder a ela, nomeadamente os posuidores de galeuros. Pregamos desculpas a todos eles e esperamos que esta explicación do sucedido poida polo menos aclarar a situación e entender de quen foi responsabilidade.

Pregamos aos usuarios paciencia se observades algún erro e información que non apareza axeitadamente, e que nolo comuniquedes por se acaso non somos conscientes do problema. Grazas.

Advertisements

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “Trasladamos o blog dos galeuros a WordPress.com

  1. casdeiro o dixo:

    Grazas TheWayBackMachine puidemos reconstruír a columna de widgets máis ou menos como estaba no blog orixinal. Con isto xa está practicamente recobrado o estado anterior do blog.

Deixa o teu comentario, se che peta. Grazas.

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: