Novos participantes nos galeuros: Sacando Virutas, Casa Pousadoira e Saramaganta
Nestes últimos meses incorporáronse ao sistema dos galeuros tres novos participantes cos que podes usar os teus galeuros:
- Martín Morales, artesán da madeira da Limia que ofrece as súas obras baixo a denominación Sacando Virutas.
- Casa Pousadoira: turismo rural en Miño, cursos prácticos para a sostibilidade e produtos ecolóxicos.
- Saramaganta: servizos de Internet para as organizacións sociais galegas.
A nosa benvida a todos eles!
Tamén podes atopar os seus enlaces na columna dereita deste mesmo blog, xunto con outros profesionais e organizacións que aceptan galeuros en troco dos seus servizos.
Se ti tamén estás interesada ou interesado en participar, non deixes de escribirnos a galeuros EN galeuros PUNTO com
.